GÉRARD MANSET | ANIMAL SOLITARIO.


Gérard Manset é un dos persoaxes máis misteriosos da chanson francesa. O parisino, autodidacta, nunca actuou en directo e sempre se mentivo ó marxe do negocio musical negándose a ser entrevistado pola prensa.

Despois de atender á escola de arte comezou a escribir cancións co propósito de entregalas a algunha compañía para que algún artista as interpretase. Recibindo respostas negativas alá onde fose Manset decidiu entrar a un estudio para grava-las él mesmo. En 1968 ve a luz Animal On Est Mal, primeiro single da sua carreira que pasou bastante desapercibido e que apenas vendeu uns milleiros de copias. Quizais non era o mellor momento para editalo xa que París estaba sometido ás revoltas estudiantís e os xóvenes non estaban pola labor de comprar discos. Uns meses máis tarde volve ó estudio para completar a sua ópera prima Gerard Manset, onde se deixa influír polo rock sinfónico anglosaxón tan de moda naqueles momentos -King Crimson, Pink Floyd, Moody Blues- e que, en 1970, convertiría no primeiro álbum de pop conceptual francés La Mort D'Orion, quintaesencia do pop sinfónico que foi o que o acercou ó gran público e có cal comezaría unha extensa carreira que conta xa con 18 álbums e infinitas colaboracións con outros artistas, sempre no seu hábitat natural: o estudio.

De súa música, nesta primeira época, destaca o seu delicado gusto polos arranxos orquestrais -sempre fastuosos i exhuberantes-, a épica dos seu temas e o romanticismo clásico das suas letras, credenciais levadas á grandeza anos máis tarde por Serge Gainsbourg no seu Histoire De Melody Nelson.




DEAD SKELETONS | SEN MEDO A NADA.


Dende Reikjavik chegan Dead Skeletons, rara avis do panorama underground europeo xa que a banda comezou sendo unha tenda de roupa (!) creada por Nonni Dead e Henrik Björnsson para despois mutar en grupo musical. Coa incorporación dun terceiro membro Ryan Carlson Van Kriedt e algunhas destacables colaboracións coma a de Anton Newcombe.
A finais do ano pasado lanzaban físicamente o seu esperado primeiro disco Dead Magick a través de Cargo Records, selo do líder dos Brian Jonestown Massacre co cal xa editaran un 10" Dead Mantra en 2010 e cuxo videoclip se convertiu nun pequeno éxito en Youtube con máis de 120.000 visitas -que non está nada mal- e sua cita filosófica repetida ata a extenuación 'HE WHO FEARS DEAD CANNOT ENJOY LIFE'.

No aspecto musical atopámonos unha mistura de sons repetitivos, psicodelia, reverberacións, pérdida da consciencia, nihilismo vervetunderground-esco e o espíritu de Joy Division rondan un dos álbumes debut máis interesantes do pasado ano.

 

GAF | TRANCE INSULAR.


GAF son un colectivo de música experimental con base nas Illas Canarias comandado polo multi-instrumentista Kurajica Mladen -cabeza pensante e compositor hiperactivo en outros proxectos como Tupperware, Afgan ou Emmet-NHM- que se fai acompañar de diferentes músicos para cada unha das suas aventuras musicais. A última delas GAF y La Estrella De La Muerte (Foehn Records, 2011) é unha batidora de estilos:  electrónica e folk experimental misturado con psicodelia e kraut-rock son só algúnhas das señas de identidade deste singular combo, dos que non abundan no panorama español actual e, dende logo, un dos máis interesantes aos que lles seguiremos a pista.


+info:
Bandcamp
Entrevista a Kurajica Mladen en notodo.com

LOOP COVERS.



Seguimos con máis versións, esta vez cunha ronda a cargo dunha das miñas bandas favoritas dos 80, os poderosos Loop e o seu bó gusto e gran acerto á hora de reinventar clásicos de Neil Young, Can, Suicide, The Pop Group e dos seus colegas Godflesh.




'Rocket USA' (Suicide): A primeira das versións gravadas pola banda e incluída no seu debut Heaven's End de 1987. Fuzz a tope e fé en Alan Vega. Obsesiva e hipnótica, marca da casa.





'Thief Of Fire/Thief (Motherfucker)' (The Pop Group): Estridente e desesperada lectura do clásico dos non menos estridentes e despesperados Pop Group. Dobrando a duración e cambiando os aires funk da orixinal por unha onda xigante de guitarras e riffs monolíticos. Incluída no EP Collision (1988).





'Mother Sky' (Can): Interesante revisión dun dos temas emblemáticos do kraut-rock publicada no EP de 1988 Black Sun. Curioso que versionando a Can lles saíse un tema tan Neu!.





'Cinnamon Girl' (Neil Young): A menos afortunada do lote é a que editaron para o álbum The Bridge: A Tribute To Neil Young de 1989 no cal tamén colaboraban Nick Cave & The Bad Seeds, The Flaming Lips e os Pixies entre outros. Escasa inspiración para un tema que pudo dar máis de sí.




'Like Rats' (Godflesh): Quinta e derradeira versión grabada por Loop para un split compartido coa banda de Justin Broadrick no cal os dous grupos se versionaban mútuamente. O experimento chamouse Loopflesh/Fleshloop e publicouno Clawfist Records en 1991. Éste converteríase no último lanzamento da banda, nunca máis volveron a grabar nada.

AXE | MISTERIOSA EXISTENCIA.



Axe foron unha banda inglesa de finais dos anos 60 e comezos dos 70 que practicaban un rock psicodélico con ramallazos hard ao estilo dos Jefferson Airplane, salvando as distancias.

Pouco coñecemos do conxunto de Northampton xa que se di que só existiron 6 acetatos -utilizados únicamente con fins promocionais- do seu primeiro e único álbum de estudio titulado Music (1969). Nos anos 90 aparecen reedicións dese disco a través de Kissing Spel e Si-Wan Records e tamén se publicou en CD un concerto en vivo, composto íntegramente de versións de outros artistas como Love, Neil Young ou Canned Head, baixo o título de Live 1969. Existe tamén un 7", 'People Come, People Go', editado por MCA en 1972 baixo o nome de Axe, pero non está claro que pertenza á mesma banda. Quedan moitos misterios sen resolver...


OPAL | ANTES DO ÉXITO.



Revitalizadores da psicodelia californiana Opal foron un grupo de Los Angeles formado en 1983 po-la vocalista e baixista Kendra Smith (que acababa de deixar os Dream Syndicate de Steve Wynn), o guitarrista David Roback (anteriormente nos fabulosos Rain Parade) e Keith Mitchell á batería.

En 1984 saia ó mercado o EP Fell From The Sun (Serpent Records) e un ano despois Northern Line (One Big Guitar). En 1987 asinan contrato con SST Records para a edición do seu primeiro álbum, agora clásico de culto, Happy Nightmare Baby e durante a xira de presentación Kendra Smith deixa a banda durante un concerto en Londres. A xoven Hope Sandoval, a cal Roback coñecera producindo o disco de Going Home -dúo que formaba con Sylvia Gomez-, uniuse á banda para os derradeiros concertos da xira.

Sandoval e Roback comezaron despois a compoñer conxuntamente e cambiaron o nome da banda a Mazzy Star e ahí comeza outra nova historia...

PLAYLIST (I) - FIRST WAVE OF BLACK METAL (1981-1986).


JAMES CHANCE AND THE CORTONTIONS | PERCIBIR O RITMO.





















Punk, free-jazz, funk...case calquer cousa tiña cabida no mundo de James Chance and The Cortontions e o seu extraordinario collage de sonidos frenéticos. Fixeronse notables suas aparicións despois de que Brian Eno os incluíra no maxestuoso recopilatorio No New York en 1978 e a musa no wave Lydia Lunch -coa cal mantivo unha relación cando formaron Teenage Jesus & The Jerks en 1976- colaborase con eles no seu segundo álbum Off White (ZE Records,1979) que saiu baixo o nome de James White & The Blacks.
Adrenalínicas e fascinantes eran suas presentacións en vivo. Aquí unha mostra.


 

NEUE DEUTSCHE WELLE - PARTE I

Berlin, 1980. Foto: Hen's March


Esta historia pode comezar en 1976 na Zoo Station de Berlín, lugar onde a xoven Christiane F. se prostituía para conseguir saciar o mono de heroína. Esa atmósfera fría, oscura e decadente sumado a represión e o aislamente que sufría a cidade propiciou o malestar da xente e a indignación ante o panorama que estaban a vivir. Unha das fontes de canalización de toda esa frustación sempre foi a través da expresión artística.


A explosión do punk en Inglaterra, a nova ola americana, os inicios da música industrial e as novas posibilidades electrónicas abriron as mentes de moitos xóvenes para movilizarse en contra do sistema e comezar a experimentar con novas formas de arte. Centrarémonos pois na música, que é o que nos ocupa neste humilde espacio, e repasaremos algunhas das agrupacións máis destacadas do movemento.


Mania D: Trío berlinés practicante dun free-jazz avanzado (?), precursor das bandas femeninas e posterior xerme de bandas clave do movemento como Malaria!, Liaisons Dangereuses, Die Krupps e Einstürzende Neubauten.






FSK: Grupo de Munich bastante prolífico nos 80 con unha boa morea de singles e Lp's editados dos cales hai que destacar Stürmer, publicado en 1981, o cal inclúe este fabuloso 'Ab Nach Indien'.






Fehlfarben: Banda de Düsseldorf formada en 1979. Sacaron varios Lp's na época pero o máis exitoso foi o seu primeiro largo Monarchie und Alltag (1980) que contiña o éxito ''Ein Jahr (Es geht voran)', onde quedaban ó descuberto a fascinación da banda polos británicos Gang Of Four.





Abwärts: Cuarteto de Hamburgo con dous discos máis que recomendables Amok Koma (1981) e Der Westen ist einsam (1982). Post punk bailable que tivo en 'Computerstaat' o seu tema insignia. Dous dos seus membros, F.M. Einheit e Mark Chung uniríanse despois as filas de Einstürzende Neubauten.







Palais Schaumburg: Outro cuarteto de Hamburgo que tamén contaba co percusionista F.M. Einheit dentro das suas filas. Facturaron catro singles e catro LP's moi interesantes durante 1980 e 1984. 

BILLY CHILDISH | NON TODO É MÚSICA.



Inicio unha (posible) nova sección na que repasaremos as actividades extra-musicais de algúns dos nosos músicos favoritos: Michael Gira, Kim Gordon, Nick Cave, Lydia Lunch, e un longo etcétera. Comezaremos cun dos artistas ingleses máis hiperactivos, prolíficos e interesante das últimas décadas: Billy Childish.

Entre 1977 e 1982 estudou no Medwey College of Design no condado de Kent onde foi expulsado polo recitado público de poesía obscena e tamén na St. Martins School of Art de Londres onde correu a mesma sorte debido a sua conducta rebelde. Dende entón adícase a pintar no seu domicilio en Rochester, que é a base de operacións de todo o que crea, no cal desenvolveu o seu personal estilo técnico -amateurismo e inmediatez- e dende o que traballa de forma totalmente independente.

Conta cun catálogo integrado por máis de 2000 pinturas e expuxo sua obra en cidades como Londres, Berlin ou New York. Childish é un artista respetado en todas as suas formas de expresión, aparte da música e da pintura é un gran interesado do mundo da fotografía e máis recoñecidos aínda son seus magníficos libros de poemas.

Esta é unha pequena mostra do seu traballo. Podedes consultar máis na sua web.









E de propina... Sunday Painter. Un documental biográfico realizado pola BBC onde podemos ver e escoitar sua particular forma de entender o arte e seus diferentes métodos de traballo nas suas diversas especialidades. 100% recomendable.

TAMARYN | SOÑOS DE CALIFORNIA.


Tamaryn son un dúo con base en San Francisco que practican un dream-pop psicodélico moi na onda de formacións como Slowdive ou Mazzy Star. Eu, como devoto déstas bandas, non podo pasar por alto este revival que nos sacude nestes últimos anos e, de cando en cando, descubro grupos con boas intencións pero que deixan ó descuberto unha seria falta de personalidade e témome que Tamaryn son uns deles.

Cun par de singles e un único e interesante largo, The Waves, editado en 2010 por Mexican Summer (unha das disqueiras máis demodé agora mesmo) a banda foise facendo un nome no circuito underground californiano, chegando a actuar en festivais coma o SXSW ou no Primavera Club e recibindo boas críticas por parte de distintas publicacións especializadas.

O dúo prepara xa o seu segundo intento que desexamos posúa algo máis de exploración na sua música e non se quede soamente en bós propósitos.

Aquí van dous clips que forman parte deste primeiro álbum.


THE NEON BOYS | ISTO É TODO O QUE SABEMOS.


The Neon Boys foron un trío novaiorquino de punk antes do punk -proto-punk chámanlle- e embrión dos excelentes e sempre reivindicables Television. Richard Hell, Tom Verlaine e Billy Ficca tiveron unha cortísima existencia, do inverno de 1972 á primavera do 73, durante a cal gravaron seis cancións. Tres delas permanecen inéditas a día de hoxe e outras dúas viron a luz en 1980 por medio de Shake Records nun split de 7" compartido con Richard Hell & The Voidoids que fácilmente atoparedes nos vosos blogs favoritos ou, para os máis atrevidos, en Ebay por uns módicos 50$. Overground Records reeditouno en 1991 nun 12" cun tema extra 'High Heeled Wheels'.

Frecuentemente se confunden os temas déstes últimos e acredítanse coma se foran dos Neon Boys pero non é así xa que esas gravacións datan de 1977 e as dos Boys de 1973. E todo isto tanto ten porque o que importa son as cancións e aquí tedes un exemplo por cada cara. Aviso, o 'Don't Die' de Richard Hell vaise converter en favorito de todo aquel que non o escoitara antes.

 

RIPE | O SEGREDO AUSTRALIANO.

(Escoita en Spotify)
The Plastic Hassle é un dos discos máis menospreciados e olvidados dos anos 90 e un dos meus favoritos sen dúbida. Certo é que a banda de Melbourne non tivo a sorte de contar cunha gran compañía detrás deles que axudara a promoción do álbum e que pouco despois da sua publicación os seus membros deixaron á banda caer nun olvido case absoluto.

Formaron parte da escena indie local xunto con The Glory Box, Autohaze ou The Fauves, bandas que editaban seus traballos en pequenas disqueiras independientes. Despois de varios singles editan o seu debut Filterfeed en 1990 a través de Polyester Records, o cal deixa entrever a evidente influencia de Sonic Youth na sua música e co cal van gañando adeptos no pequeno circuito australiano.

Pero non é ata 1992 cando son fichados por Shock Records para a edición do EP Moondrive e o posterior The Plastic Hassle (1994) que a banda se desmarca cun sonido moito máis personal: cancións enerxéticas, guitarras xemelgas desdoblándose cal Television e tremendos riffs acompañados de marabillosas melodías vocais. Maxistral da primeira á última canción.
Shock consigue a distribución de Beggars Banquet (UK) e Sub Pop (USA), feitos que non axudaron moito a difusión do disco, e a banda embárcase nun tour norteamericano con paradas en Canadá e os Estados Unidos que, a posteriori, acabaría con eles.

Mark Murphy e Katie Dixon formaron Moondriven en 1998, proxecto máis orientado ó pop de bandas clásicas coma Big Star ou The Byrds co cal publicaron Summer Never Comes en 2002.
En 2006, Murphy e Dixon reformaron á banda para editar un EP con temas novos titulado Galaxies And Stars (que non tiven o pracer de escoitar porque non o atopei por ningures) para, un ano máis tarde, deixalo novamente tras un mini tour polo país.

Aquí van unhas páxinas interesantes con algo máis de información sobre a historia desta xenial banda.




Éste é o único vídeo de Ripe existente na rede. A calidade de son é pésima, síntoo, pero non hai máis.
Arriba poño o enlace ó disco en Spotify para que escoite quen guste. Calidade garantida.

LATIN KINKS COVERS - PARTE II


Segunda e última parte desta recopilación de adaptacións de clásicos dos Kinks feitas por bandas sudamericanas nos anos 60. Miñas favoritas son as reinterpetacións de 'Pregunto' a cargo de Los Darts, moi sucia, e as grandiosas rimas do 'Estoy Clavado' de Los Apson, perfectas ámba-las dúas para amenizar todo guateque e festa caseira que se precie.

Volverei a postear máis material sixties latino pronto, a ver que se me ocorre.
Agora...¡A bailar señoras!

06. Los Apson - 'Estoy Clavado' ('You Really Got Me') MÉXICO



07. Billy Bond - 'Dandy' ARGENTINA



08. Los Locos Del Ritmo - 'Cansado De Esperarte' ('Tired Of Waiting For You') MÉXICO



09. Los Darts - 'Pregunto' ('I Need You') PERÚ



10. Los Ovnis - 'Cuando Veo A Mi Chica' ('When I See That Girl Of Mine') MÉXICO

DIVORCE | DENDE O LAVABO MÁIS SUCIO DE ESCOCIA...


Divorce é un grupo escocés formado en 2008 na cidade de Glasgow e son agora mesmo unha das bandas ruidosas máis prometedoras do continente. Dende entón non paran de tocar alá onde os chamen, xa sexan festas ilegais, tugurios de mala morte ou pequenas salas.

Eles mesmos definen a sua música como 'pop songs for burn victims' e citan entre suas influencias a Teenage Jesus & The Jerks, The Jesus Lizard, Big Black e ós Swans e certamente soan a unha mistura de todo iso. Contan xa con algúns singles as suas espaldas máis un par de splits en colaboración con outros grupos. Haberá que esperar a catar o seu primeiro larga duración xa que estes rapaces prometen moi bós momentos nun futuro próximo. ¡Al loro!.

+info:
http://divorcetheband.blogspot.com/
http://divorce.bandcamp.com/




CIRCUS MORT | A SEMENTE DOS SWANS


Circus Mort foron unha banda de New York de corta pero intensa existencia, activa entre 1979 e 1981, que con tou nas suas filas con Michael Gira, posterior fundador dos seminais Swans, e con Jonathan Kane e Dan Braun, quenes tamén se unirían a Gira no seu novo proxecto.

Tras varios cambios de formación o grupo asina un contrato con Labor Records en 1980, quenes editan a sua única referencia, o EP Circus Mort, e có cal se presentan por varios clubes da cidade.
En 1981 conseguen ser os teloneiros de Bauhaus no Hurrah, clube coñecido por ser unha das sedes máis representativa da escena post-punk/no wave novaiorquina, onde son filmados polas cámaras e que 30 anos máis tarde serve como único documento visual da banda.

   

MARC RILEY | VIDA DESPOIS DA CAÍDA.


¿Cómo te debes de sentir cando Mark E. Smith che da unha patada no cú? Haberá que preguntarlle a Marc Riley, membro da banda mancuniana The Fall dende 1978 ata 1982 cos cales gravou seis discos de estudio entre outras referencias (xa se sabe que poñerse a enumerar o material do grupo e tarea case que de proxecto de final de carreira).

O caso é que o señor Smith fartouse dél e mandouno a tomar por saco despois dunha xira por Australia e Nova Zelanda e non acabaron precisamente moi ben. Riley foise e pronto formou o grupo The Creepers e seu propio selo In-Tape. A partires de ahí comezou unha 'batalla musical' entre os dous. Smith adicáballe a letra de 'The Man Whose Had Expended' e él respondía con 'Jumper Clown', Smith volvía ó ataque con 'C.R.E.E.P.' ou 'Hey Marc Riley' e Riley replicaba en 'Snipe'. Así se pasaron a metade dos anos 80 estes dous langráns.

Coa carreira dos Creepers chegandoo seu fin Marc Riley ocupaba o seu tempo co-producindo un álbum tributo a Johnny Cash e escribindo tiras cómicas para a publicación Oink!. Durante os anos 90 formou parte do dúo radiofónico Mark and Lard xunto con Mark Radcliffe na estación de radio da BBC1 que se fixo popular polas suas bromas telefónicas.

En 1997 estes dous gamberros formaron The Shirehorses, os cales se adicaban a parodiar, non moi sutilmente, os grandes éxitos que dominaban as listas naquela época (Supergrass, Oasis, Kula Shaker,...). Ésta broma chegou ata o número 22 das listas británicas e ese mesmo verán tocaron no festival de Glastonbury. Uns anos despois, en 2001, facían o mesmo con Our Kid Eh, referencia ó Kid A de Radiohead, no cal destrozaban a Blur, Travis ou os Beastie Boys.



LATIN KINKS COVERS - PARTE I


Qué grandes momentos nos deixaron as adaptacións tanto de bandas latinoamericanas coma españolas dos grandes éxitos dos artistas e grupos ingleses dos anos 60. Case calquer hit daquela era ten a sua adaptación ó español. Quero adicar este post á fabulosa música de The Kinks pero máis aínda a esas bandas, a maioría olvidadas, que se propuxeron achegar a sua xente e adaptar o seu lenguaxe todas esas cancións que revolucionaban o Reino Unido e a todo o mundo.

De esta primeira tanda quero destacar a dos mexicanos Los Hitters con un inolvidable 'y ahora soy un hombre / que les causa admiración / porque tengo mil millones / y chamacas a montón' e o particular inglés 'guachugüei' dos arxentinos Los Jerks e Los Interrogantes (ou simplemente Los ?).


01. Los Hitters - 'Un Hombre Respetable' ('A Well Respected Man') MÉXICO



02. Los Matemáticos - 'Pregunto' ('I Need You') MÉXICO



03. Los Jerks - 'You Really Got Me' ARGENTINA



04. Los Interrogantes - 'What's In Store For Me' ARGENTINA



05. Los Yaki - 'De Día Y De Noche' ('All Day And All Of The Night') MÉXICO



A PRIMEIRA DEMO DOS BRIAN JONESTOWN MASSACRE.


Gracias a bjmarchives, esa fonte de información básica para calquer fanático dos Brian Jonestown Massacre, o pasado 31 de decembro descubrín e gocei moitísimo desta primeira gravación dos de Anton Newcombe.

O primeiro que sorprende é a calidade das cancións que podemos escoitar nestes corenta minutos e, sobre todo, o gran sonido que consigueu tendo en conta que ésta non deixa de ser unha simple cassette caseira.
As influencias aquí están claras: My Bloody Valentine, Spacemen 3 e o shoegaze/dreampop que reinaba daquela en Inglaterra. Descoñezco se esta demo é única ou se, polo contrario e máis probable, a distribuía durante os primeiros concertos da banda na área de San Francisco.

A cuestión é que hai cousa de un ano que aparaceu na rede por primeira vez e aquí podedes ler máis sobre a historia desta marabillosa rareza.

Algúns destes temas apareceron na segunda demo, xa coñecida, Pol Pot's Pleasure Penthouse de 1991 pero con distintas mezclas.

A INCÓGNITA DE THE PHAROS.


¿Quénes estaban detrás deste clásico do surf instrumental dos 60? Ésa é a gran pregunta porque nada se sabe o moito se rumorea sobre este tema.

O que sí é certo é que 'Pintor' gravouse no Pal Studio de Cucamonga, California, propiedade de Paul Buff e lugar onde Frank Zappa dou os seus primeiros pasos gravando como músico de sesión para diversas formacións.

O tema está acreditado ao nome de Jack Irvin que era o alter-ego de Dave Aerni, compositor, músico e productor de bandas rexionais da época, e que, segundo posteriores indagacións, está inspirado no famoso 'Angelitos Negros' popularizado por Antonio Machín en 1947.
Editouse como single en maio de 1963 na casa de discos Del-Fi e estaba acompañada de 'Rythm Surfer' na cara B, un tema de pop máis convencional.

A identidade dos membros de The Pharos segue sendo unha incógnita e queda a dúbida da implicación de Frank Zappa en todo isto.

SACRED BONES RECORDS | NOVA MARCA DE CALIDADE.


Sacred Bones é un dos selos máis interesantes actualmente. Creado en Brooklyn en 2007 contan con máis de 50 referencias editadas de bandas como Moon Duo, Blank Dogs, Cult Of Youth, The Fresh & Onlys ou Crystal Stilts. Cabe destacar a sua producción centrada no vinilo e nas coidadas presentacións dos álbumes xa que contan cun deseñador e un director propios que se encargan da imaxe de tódalas bandas da disqueira.

En 2011 trouxéronos algúns dos mellores discos do ano coma Leave Home de The Men, Through Donkey Jaw o segundo LP do proxecto en solitario de Damon McMahon baixo o nome de Amen Dunes ou o recentemente publicado e interesante Conatus, a esperada nova referencia da estrela do selo Zola Jesus.



NICK WATERHOUSE E O FUTURO DO R&B.


Hai moitas maneiras de rendir homenaxe a un sonido e a unha época determinados pero só unha que pague a pena: facelo ben.
Coñecemos a Nick Waterhouse hai un pouco máis dun ano coa edición do seu single debut 'Some Place', auténtica bomba de rythm and blues californiano, fresco, sucio e salvaxe, como hai tempo que non se escoitaba. Composto, autoproducido e autoeditado no seu propio sello Pres Record Co., feitos que non fan máis que sumar méritos a este rapaz de vintetantos ao que lle agarda un futuro prometedor por convicción, compromiso cunha forma de entender o revival e, o que máis importa, cancións coma estas.


LINDISFARNE - 'LADY ELEANOR'.


Lendas do folk-rock británico Lindisfarne destacaron desa corrente de innumerables bandas que superpoboaba as illas nos anos 70, xusto cando os Beatles lanzaban o seu derradeiro lamento e os hippies voltaban da Illa de Wight sabedosos que seus anos dourados chegaban o seu fin.
A banda formada e liderada por Alan Hull lanzaba Nicely Out Of Tune, o seu primeiro e fallido intento de conquistar os deprimidos corazóns ingleses. 'Lady Eleanor' abría ese álbum con pouso suave, unha doce mandolina (que sería un distintivo clave para o son do grupo), ricas letras e un estribillo aguerrido, con ecos a The Band e harmonías à la Crosby, Stills & Nash.

Un ano despois, en 1971, o seu segundo LP Fog On The Tyne chegaría ao número 1 das listas auspiciado polo éxito do single 'Meet Me On The Corner', feito que aproveita a disqueira Charisma Records para reeditar 'Lady Eleanor' que escalaría por primeira vez ata o número 3 da lista de singles e asentaría as bases de unha década prolífica e exitosa para a banda de Newcastle.