(Escoita en Spotify) |
Formaron parte da escena indie local xunto con The Glory Box, Autohaze ou The Fauves, bandas que editaban seus traballos en pequenas disqueiras independientes. Despois de varios singles editan o seu debut Filterfeed en 1990 a través de Polyester Records, o cal deixa entrever a evidente influencia de Sonic Youth na sua música e co cal van gañando adeptos no pequeno circuito australiano.
Pero non é ata 1992 cando son fichados por Shock Records para a edición do EP Moondrive e o posterior The Plastic Hassle (1994) que a banda se desmarca cun sonido moito máis personal: cancións enerxéticas, guitarras xemelgas desdoblándose cal Television e tremendos riffs acompañados de marabillosas melodías vocais. Maxistral da primeira á última canción.
Shock consigue a distribución de Beggars Banquet (UK) e Sub Pop (USA), feitos que non axudaron moito a difusión do disco, e a banda embárcase nun tour norteamericano con paradas en Canadá e os Estados Unidos que, a posteriori, acabaría con eles.
Mark Murphy e Katie Dixon formaron Moondriven en 1998, proxecto máis orientado ó pop de bandas clásicas coma Big Star ou The Byrds co cal publicaron Summer Never Comes en 2002.
En 2006, Murphy e Dixon reformaron á banda para editar un EP con temas novos titulado Galaxies And Stars (que non tiven o pracer de escoitar porque non o atopei por ningures) para, un ano máis tarde, deixalo novamente tras un mini tour polo país.
Aquí van unhas páxinas interesantes con algo máis de información sobre a historia desta xenial banda.
Éste é o único vídeo de Ripe existente na rede. A calidade de son é pésima, síntoo, pero non hai máis.
Arriba poño o enlace ó disco en Spotify para que escoite quen guste. Calidade garantida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario