Gérard Manset é un dos persoaxes máis misteriosos da chanson francesa. O parisino, autodidacta, nunca actuou en directo e sempre se mentivo ó marxe do negocio musical negándose a ser entrevistado pola prensa.
Despois de atender á escola de arte comezou a escribir cancións co propósito de entregalas a algunha compañía para que algún artista as interpretase. Recibindo respostas negativas alá onde fose Manset decidiu entrar a un estudio para grava-las él mesmo. En 1968 ve a luz Animal On Est Mal, primeiro single da sua carreira que pasou bastante desapercibido e que apenas vendeu uns milleiros de copias. Quizais non era o mellor momento para editalo xa que París estaba sometido ás revoltas estudiantís e os xóvenes non estaban pola labor de comprar discos. Uns meses máis tarde volve ó estudio para completar a sua ópera prima Gerard Manset, onde se deixa influír polo rock sinfónico anglosaxón tan de moda naqueles momentos -King Crimson, Pink Floyd, Moody Blues- e que, en 1970, convertiría no primeiro álbum de pop conceptual francés La Mort D'Orion, quintaesencia do pop sinfónico que foi o que o acercou ó gran público e có cal comezaría unha extensa carreira que conta xa con 18 álbums e infinitas colaboracións con outros artistas, sempre no seu hábitat natural: o estudio.
De súa música, nesta primeira época, destaca o seu delicado gusto polos arranxos orquestrais -sempre fastuosos i exhuberantes-, a épica dos seu temas e o romanticismo clásico das suas letras, credenciais levadas á grandeza anos máis tarde por Serge Gainsbourg no seu Histoire De Melody Nelson.
No hay comentarios:
Publicar un comentario