Tamaryn son un dúo con base en San Francisco que practican un dream-pop psicodélico moi na onda de formacións como Slowdive ou Mazzy Star. Eu, como devoto déstas bandas, non podo pasar por alto este revival que nos sacude nestes últimos anos e, de cando en cando, descubro grupos con boas intencións pero que deixan ó descuberto unha seria falta de personalidade e témome que Tamaryn son uns deles.
Cun par de singles e un único e interesante largo, The Waves, editado en 2010 por Mexican Summer (unha das disqueiras máis demodé agora mesmo) a banda foise facendo un nome no circuito underground californiano, chegando a actuar en festivais coma o SXSW ou no Primavera Club e recibindo boas críticas por parte de distintas publicacións especializadas.
O dúo prepara xa o seu segundo intento que desexamos posúa algo máis de exploración na sua música e non se quede soamente en bós propósitos.
Aquí van dous clips que forman parte deste primeiro álbum.
No hay comentarios:
Publicar un comentario