OPAL | ANTES DO ÉXITO.



Revitalizadores da psicodelia californiana Opal foron un grupo de Los Angeles formado en 1983 po-la vocalista e baixista Kendra Smith (que acababa de deixar os Dream Syndicate de Steve Wynn), o guitarrista David Roback (anteriormente nos fabulosos Rain Parade) e Keith Mitchell á batería.

En 1984 saia ó mercado o EP Fell From The Sun (Serpent Records) e un ano despois Northern Line (One Big Guitar). En 1987 asinan contrato con SST Records para a edición do seu primeiro álbum, agora clásico de culto, Happy Nightmare Baby e durante a xira de presentación Kendra Smith deixa a banda durante un concerto en Londres. A xoven Hope Sandoval, a cal Roback coñecera producindo o disco de Going Home -dúo que formaba con Sylvia Gomez-, uniuse á banda para os derradeiros concertos da xira.

Sandoval e Roback comezaron despois a compoñer conxuntamente e cambiaron o nome da banda a Mazzy Star e ahí comeza outra nova historia...

No hay comentarios:

Publicar un comentario