LINDISFARNE - 'LADY ELEANOR'.
Lendas do folk-rock británico Lindisfarne destacaron desa corrente de innumerables bandas que superpoboaba as illas nos anos 70, xusto cando os Beatles lanzaban o seu derradeiro lamento e os hippies voltaban da Illa de Wight sabedosos que seus anos dourados chegaban o seu fin.
A banda formada e liderada por Alan Hull lanzaba Nicely Out Of Tune, o seu primeiro e fallido intento de conquistar os deprimidos corazóns ingleses. 'Lady Eleanor' abría ese álbum con pouso suave, unha doce mandolina (que sería un distintivo clave para o son do grupo), ricas letras e un estribillo aguerrido, con ecos a The Band e harmonías à la Crosby, Stills & Nash.
Un ano despois, en 1971, o seu segundo LP Fog On The Tyne chegaría ao número 1 das listas auspiciado polo éxito do single 'Meet Me On The Corner', feito que aproveita a disqueira Charisma Records para reeditar 'Lady Eleanor' que escalaría por primeira vez ata o número 3 da lista de singles e asentaría as bases de unha década prolífica e exitosa para a banda de Newcastle.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario