The Neon Boys foron un trío novaiorquino de punk antes do punk -proto-punk chámanlle- e embrión dos excelentes e sempre reivindicables Television. Richard Hell, Tom Verlaine e Billy Ficca tiveron unha cortísima existencia, do inverno de 1972 á primavera do 73, durante a cal gravaron seis cancións. Tres delas permanecen inéditas a día de hoxe e outras dúas viron a luz en 1980 por medio de Shake Records nun split de 7" compartido con Richard Hell & The Voidoids que fácilmente atoparedes nos vosos blogs favoritos ou, para os máis atrevidos, en Ebay por uns módicos 50$. Overground Records reeditouno en 1991 nun 12" cun tema extra 'High Heeled Wheels'.
Frecuentemente se confunden os temas déstes últimos e acredítanse coma se foran dos Neon Boys pero non é así xa que esas gravacións datan de 1977 e as dos Boys de 1973. E todo isto tanto ten porque o que importa son as cancións e aquí tedes un exemplo por cada cara. Aviso, o 'Don't Die' de Richard Hell vaise converter en favorito de todo aquel que non o escoitara antes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario