¿Cómo te debes de sentir cando Mark E. Smith che da unha patada no cú? Haberá que preguntarlle a Marc Riley, membro da banda mancuniana The Fall dende 1978 ata 1982 cos cales gravou seis discos de estudio entre outras referencias (xa se sabe que poñerse a enumerar o material do grupo e tarea case que de proxecto de final de carreira).
O caso é que o señor Smith fartouse dél e mandouno a tomar por saco despois dunha xira por Australia e Nova Zelanda e non acabaron precisamente moi ben. Riley foise e pronto formou o grupo The Creepers e seu propio selo In-Tape. A partires de ahí comezou unha 'batalla musical' entre os dous. Smith adicáballe a letra de 'The Man Whose Had Expended' e él respondía con 'Jumper Clown', Smith volvía ó ataque con 'C.R.E.E.P.' ou 'Hey Marc Riley' e Riley replicaba en 'Snipe'. Así se pasaron a metade dos anos 80 estes dous langráns.
Coa carreira dos Creepers chegandoo seu fin Marc Riley ocupaba o seu tempo co-producindo un álbum tributo a Johnny Cash e escribindo tiras cómicas para a publicación Oink!. Durante os anos 90 formou parte do dúo radiofónico Mark and Lard xunto con Mark Radcliffe na estación de radio da BBC1 que se fixo popular polas suas bromas telefónicas.
En 1997 estes dous gamberros formaron The Shirehorses, os cales se adicaban a parodiar, non moi sutilmente, os grandes éxitos que dominaban as listas naquela época (Supergrass, Oasis, Kula Shaker,...). Ésta broma chegou ata o número 22 das listas británicas e ese mesmo verán tocaron no festival de Glastonbury. Uns anos despois, en 2001, facían o mesmo con Our Kid Eh, referencia ó Kid A de Radiohead, no cal destrozaban a Blur, Travis ou os Beastie Boys.
No hay comentarios:
Publicar un comentario