A INCÓGNITA DE THE PHAROS.


¿Quénes estaban detrás deste clásico do surf instrumental dos 60? Ésa é a gran pregunta porque nada se sabe o moito se rumorea sobre este tema.

O que sí é certo é que 'Pintor' gravouse no Pal Studio de Cucamonga, California, propiedade de Paul Buff e lugar onde Frank Zappa dou os seus primeiros pasos gravando como músico de sesión para diversas formacións.

O tema está acreditado ao nome de Jack Irvin que era o alter-ego de Dave Aerni, compositor, músico e productor de bandas rexionais da época, e que, segundo posteriores indagacións, está inspirado no famoso 'Angelitos Negros' popularizado por Antonio Machín en 1947.
Editouse como single en maio de 1963 na casa de discos Del-Fi e estaba acompañada de 'Rythm Surfer' na cara B, un tema de pop máis convencional.

A identidade dos membros de The Pharos segue sendo unha incógnita e queda a dúbida da implicación de Frank Zappa en todo isto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario