NEUE DEUTSCHE WELLE - PARTE I

Berlin, 1980. Foto: Hen's March


Esta historia pode comezar en 1976 na Zoo Station de Berlín, lugar onde a xoven Christiane F. se prostituía para conseguir saciar o mono de heroína. Esa atmósfera fría, oscura e decadente sumado a represión e o aislamente que sufría a cidade propiciou o malestar da xente e a indignación ante o panorama que estaban a vivir. Unha das fontes de canalización de toda esa frustación sempre foi a través da expresión artística.


A explosión do punk en Inglaterra, a nova ola americana, os inicios da música industrial e as novas posibilidades electrónicas abriron as mentes de moitos xóvenes para movilizarse en contra do sistema e comezar a experimentar con novas formas de arte. Centrarémonos pois na música, que é o que nos ocupa neste humilde espacio, e repasaremos algunhas das agrupacións máis destacadas do movemento.


Mania D: Trío berlinés practicante dun free-jazz avanzado (?), precursor das bandas femeninas e posterior xerme de bandas clave do movemento como Malaria!, Liaisons Dangereuses, Die Krupps e Einstürzende Neubauten.






FSK: Grupo de Munich bastante prolífico nos 80 con unha boa morea de singles e Lp's editados dos cales hai que destacar Stürmer, publicado en 1981, o cal inclúe este fabuloso 'Ab Nach Indien'.






Fehlfarben: Banda de Düsseldorf formada en 1979. Sacaron varios Lp's na época pero o máis exitoso foi o seu primeiro largo Monarchie und Alltag (1980) que contiña o éxito ''Ein Jahr (Es geht voran)', onde quedaban ó descuberto a fascinación da banda polos británicos Gang Of Four.





Abwärts: Cuarteto de Hamburgo con dous discos máis que recomendables Amok Koma (1981) e Der Westen ist einsam (1982). Post punk bailable que tivo en 'Computerstaat' o seu tema insignia. Dous dos seus membros, F.M. Einheit e Mark Chung uniríanse despois as filas de Einstürzende Neubauten.







Palais Schaumburg: Outro cuarteto de Hamburgo que tamén contaba co percusionista F.M. Einheit dentro das suas filas. Facturaron catro singles e catro LP's moi interesantes durante 1980 e 1984. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario