GÉRARD MANSET | ANIMAL SOLITARIO.
Gérard Manset é un dos persoaxes máis misteriosos da chanson francesa. O parisino, autodidacta, nunca actuou en directo e sempre se mentivo ó marxe do negocio musical negándose a ser entrevistado pola prensa.
Despois de atender á escola de arte comezou a escribir cancións co propósito de entregalas a algunha compañía para que algún artista as interpretase. Recibindo respostas negativas alá onde fose Manset decidiu entrar a un estudio para grava-las él mesmo. En 1968 ve a luz Animal On Est Mal, primeiro single da sua carreira que pasou bastante desapercibido e que apenas vendeu uns milleiros de copias. Quizais non era o mellor momento para editalo xa que París estaba sometido ás revoltas estudiantís e os xóvenes non estaban pola labor de comprar discos. Uns meses máis tarde volve ó estudio para completar a sua ópera prima Gerard Manset, onde se deixa influír polo rock sinfónico anglosaxón tan de moda naqueles momentos -King Crimson, Pink Floyd, Moody Blues- e que, en 1970, convertiría no primeiro álbum de pop conceptual francés La Mort D'Orion, quintaesencia do pop sinfónico que foi o que o acercou ó gran público e có cal comezaría unha extensa carreira que conta xa con 18 álbums e infinitas colaboracións con outros artistas, sempre no seu hábitat natural: o estudio.
De súa música, nesta primeira época, destaca o seu delicado gusto polos arranxos orquestrais -sempre fastuosos i exhuberantes-, a épica dos seu temas e o romanticismo clásico das suas letras, credenciais levadas á grandeza anos máis tarde por Serge Gainsbourg no seu Histoire De Melody Nelson.
DEAD SKELETONS | SEN MEDO A NADA.
Dende Reikjavik chegan Dead Skeletons, rara avis do panorama underground europeo xa que a banda comezou sendo unha tenda de roupa (!) creada por Nonni Dead e Henrik Björnsson para despois mutar en grupo musical. Coa incorporación dun terceiro membro Ryan Carlson Van Kriedt e algunhas destacables colaboracións coma a de Anton Newcombe.
A finais do ano pasado lanzaban físicamente o seu esperado primeiro disco Dead Magick a través de Cargo Records, selo do líder dos Brian Jonestown Massacre co cal xa editaran un 10" Dead Mantra en 2010 e cuxo videoclip se convertiu nun pequeno éxito en Youtube con máis de 120.000 visitas -que non está nada mal- e sua cita filosófica repetida ata a extenuación 'HE WHO FEARS DEAD CANNOT ENJOY LIFE'.
No aspecto musical atopámonos unha mistura de sons repetitivos, psicodelia, reverberacións, pérdida da consciencia, nihilismo vervetunderground-esco e o espíritu de Joy Division rondan un dos álbumes debut máis interesantes do pasado ano.
GAF | TRANCE INSULAR.
GAF son un colectivo de música experimental con base nas Illas Canarias comandado polo multi-instrumentista Kurajica Mladen -cabeza pensante e compositor hiperactivo en outros proxectos como Tupperware, Afgan ou Emmet-NHM- que se fai acompañar de diferentes músicos para cada unha das suas aventuras musicais. A última delas GAF y La Estrella De La Muerte (Foehn Records, 2011) é unha batidora de estilos: electrónica e folk experimental misturado con psicodelia e kraut-rock son só algúnhas das señas de identidade deste singular combo, dos que non abundan no panorama español actual e, dende logo, un dos máis interesantes aos que lles seguiremos a pista.
+info:
Bandcamp
Entrevista a Kurajica Mladen en notodo.com
LOOP COVERS.
Seguimos con máis versións, esta vez cunha ronda a cargo dunha das miñas bandas favoritas dos 80, os poderosos Loop e o seu bó gusto e gran acerto á hora de reinventar clásicos de Neil Young, Can, Suicide, The Pop Group e dos seus colegas Godflesh.
'Rocket USA' (Suicide): A primeira das versións gravadas pola banda e incluída no seu debut Heaven's End de 1987. Fuzz a tope e fé en Alan Vega. Obsesiva e hipnótica, marca da casa.
'Thief Of Fire/Thief (Motherfucker)' (The Pop Group): Estridente e desesperada lectura do clásico dos non menos estridentes e despesperados Pop Group. Dobrando a duración e cambiando os aires funk da orixinal por unha onda xigante de guitarras e riffs monolíticos. Incluída no EP Collision (1988).
'Mother Sky' (Can): Interesante revisión dun dos temas emblemáticos do kraut-rock publicada no EP de 1988 Black Sun. Curioso que versionando a Can lles saíse un tema tan Neu!.
'Cinnamon Girl' (Neil Young): A menos afortunada do lote é a que editaron para o álbum The Bridge: A Tribute To Neil Young de 1989 no cal tamén colaboraban Nick Cave & The Bad Seeds, The Flaming Lips e os Pixies entre outros. Escasa inspiración para un tema que pudo dar máis de sí.
'Like Rats' (Godflesh): Quinta e derradeira versión grabada por Loop para un split compartido coa banda de Justin Broadrick no cal os dous grupos se versionaban mútuamente. O experimento chamouse Loopflesh/Fleshloop e publicouno Clawfist Records en 1991. Éste converteríase no último lanzamento da banda, nunca máis volveron a grabar nada.
AXE | MISTERIOSA EXISTENCIA.
Axe foron unha banda inglesa de finais dos anos 60 e comezos dos 70 que practicaban un rock psicodélico con ramallazos hard ao estilo dos Jefferson Airplane, salvando as distancias.
Pouco coñecemos do conxunto de Northampton xa que se di que só existiron 6 acetatos -utilizados únicamente con fins promocionais- do seu primeiro e único álbum de estudio titulado Music (1969). Nos anos 90 aparecen reedicións dese disco a través de Kissing Spel e Si-Wan Records e tamén se publicou en CD un concerto en vivo, composto íntegramente de versións de outros artistas como Love, Neil Young ou Canned Head, baixo o título de Live 1969. Existe tamén un 7", 'People Come, People Go', editado por MCA en 1972 baixo o nome de Axe, pero non está claro que pertenza á mesma banda. Quedan moitos misterios sen resolver...
OPAL | ANTES DO ÉXITO.
Revitalizadores da psicodelia californiana Opal foron un grupo de Los Angeles formado en 1983 po-la vocalista e baixista Kendra Smith (que acababa de deixar os Dream Syndicate de Steve Wynn), o guitarrista David Roback (anteriormente nos fabulosos Rain Parade) e Keith Mitchell á batería.
En 1984 saia ó mercado o EP Fell From The Sun (Serpent Records) e un ano despois Northern Line (One Big Guitar). En 1987 asinan contrato con SST Records para a edición do seu primeiro álbum, agora clásico de culto, Happy Nightmare Baby e durante a xira de presentación Kendra Smith deixa a banda durante un concerto en Londres. A xoven Hope Sandoval, a cal Roback coñecera producindo o disco de Going Home -dúo que formaba con Sylvia Gomez-, uniuse á banda para os derradeiros concertos da xira.
Sandoval e Roback comezaron despois a compoñer conxuntamente e cambiaron o nome da banda a Mazzy Star e ahí comeza outra nova historia...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)