Mostrando entradas con la etiqueta the pop group. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta the pop group. Mostrar todas las entradas

LOOP COVERS.



Seguimos con máis versións, esta vez cunha ronda a cargo dunha das miñas bandas favoritas dos 80, os poderosos Loop e o seu bó gusto e gran acerto á hora de reinventar clásicos de Neil Young, Can, Suicide, The Pop Group e dos seus colegas Godflesh.




'Rocket USA' (Suicide): A primeira das versións gravadas pola banda e incluída no seu debut Heaven's End de 1987. Fuzz a tope e fé en Alan Vega. Obsesiva e hipnótica, marca da casa.





'Thief Of Fire/Thief (Motherfucker)' (The Pop Group): Estridente e desesperada lectura do clásico dos non menos estridentes e despesperados Pop Group. Dobrando a duración e cambiando os aires funk da orixinal por unha onda xigante de guitarras e riffs monolíticos. Incluída no EP Collision (1988).





'Mother Sky' (Can): Interesante revisión dun dos temas emblemáticos do kraut-rock publicada no EP de 1988 Black Sun. Curioso que versionando a Can lles saíse un tema tan Neu!.





'Cinnamon Girl' (Neil Young): A menos afortunada do lote é a que editaron para o álbum The Bridge: A Tribute To Neil Young de 1989 no cal tamén colaboraban Nick Cave & The Bad Seeds, The Flaming Lips e os Pixies entre outros. Escasa inspiración para un tema que pudo dar máis de sí.




'Like Rats' (Godflesh): Quinta e derradeira versión grabada por Loop para un split compartido coa banda de Justin Broadrick no cal os dous grupos se versionaban mútuamente. O experimento chamouse Loopflesh/Fleshloop e publicouno Clawfist Records en 1991. Éste converteríase no último lanzamento da banda, nunca máis volveron a grabar nada.